8_tcm30-508489.png

SUSPENSIÓN DAS FACTURAS DE ELECTRICIDADE E GAS PARA PEMES E AUTÓNOMOS

Os autónomos e pemes poderán suspender o pago da factura de electricidade, gas natural, outros gases manufacturados ou GLP canalizado mentras dure o estado de alarma.

Fonte: Secretaria de Estado de Enerxía


Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que adoptanse medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer frente ao COVID-19


Para reducir os costes enerxéticos de autónomos e pequenas e medianas empresas e, así, aliviar a carga financieira que están soportando de forma transitoria, estos usuarios poderán suspender o pago da factura de electricidade, gas natural, outros gases manufacturados o GLP canalizado mentres dure o estado de alarma.

 

Unha vez concluido, deberán regularizar a cantidade non aboada nas facturas emitidas polo seu comercializador correspondente a os seguintes seis meses de consumo, en partes iguais. 

 

¿A qué usuarios está dirixida a medida?

 

Aos autónomos, que acrediten dita condición mediante o seu alta no Réximen Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou asimilable) 

 

Ás PEMES, tal e como se definen no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión Europea.

 

¿Cómo solicitala?

 

Estos usuarios poderán solicitar, por medios que non supoñan desprazamento físico, ao seu comercializador ou, no seu caso, ao seu distribuidor, a suspensión do pago das facturas que correspondan a periodos de facturación que conteñan días integrados no estado de alarma, incluindo todos os seus conceptos de facturación. 

 

Na solicitude dos consumidores deberán aparecer claramente identificados o titular do punto de suministro e o Código Universal de Punto de suministro (CUPS).

 

A medida foi recollida no Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que adoptanse medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer frente ao COVID-19.