Presentación AbelezadasLetras.jpg

OS LIBROS E A CULTURA CHEGAN AOS CENTROS DE BELEZA E SALÓNS DE PEITEADO. NOVAS PROPOSTAS DE LECTURA QUE PRETENDEN DIFUNDIR ESTAS PUBLICACIÓNS E ROMPER ESTEREOTIPOS.

Dende "CAFÉ CON LETRAS " ata "A BELEZA DAS LETRAs" os libos das parroquias de Redondela irrompen en novos espazos de lectura.

“A beleza das letras”, así se chama a nova campaña de lectura promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación de Empresarios/as de Redondela. De novo, os libros dedicados ás parroquias de Redondela estarán presentes nos centros de beleza e estética de todo o municipio


Durante a presentación, realizada no establecemento de Nati López Peluquería, explicaron que os obxectivos son a promoción da lectura en lingua galega, a posta en valor do patrimonio cultural das parroquias e a concienciación da veciñanza no coidado e legado destes bens.

 

Esta forma de promocionar a lectura e difundir esta colección de libros quere tamén romper estereotipos. A lectura nos salóns de peiteado é habtual, motivo polo que achegar este tipo de lectura aos centro de beleza ten tamén un compoñente rupturista e que moitos clientes e clientas agradecerán.

 

Esta campaña é continuidade da realizada nas cafeterías, baixo o nome “Café con Letras” que tivo unha boa acollida entre locais e consumidores. De feito, conforme indican dende o SNL, a primeira edición de 1.500 exemplares esgotouse e xa se fixo unha nova reimpresión.

 

Finalmente, Ángela Antón e Enrique Lago agradeceron a colaboración das autoras dos libros e dos responsables dos centros de beleza pola súa implicación. Xa son oito os establecementos adheridos á campaña: Nati López Peluquería, Arima Peluquería, Peluquería Begoña Villaverde, Arlei Peluquería, CBC Centro de Beleza, La Pelu de Isa, Peluquería Diana Durán e Verónica Ballesteros Estilistas.