linea-de-avales-ico.jpg

LIÑAS DE AVAIS INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL (ICO)

Líña de Avais Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo

Os autónomos e empresas interesados en acollerse a esta liña deberán dirixirse a calquera das entidades de crédito, establecementos financieiros de crédito, entidades de pago ou entidades de diñeiro electrónico que suscriban có Instituto de Crédito Oficial os correspondentes contratos marco para participar na Liña de Avais. A entidade financieira decidirá sobre a concesión da correspondente financiación ao cliente de acordo cos seus procedementos internos e políticas de concesión e riscos. Ditas entidades financieiras poderán recurrir á Liña de Avais para avalar operacións de financiación otorgadas a autónomos e empresas.

 

Importe máximo dos préstamos por cliente que pode avalar esta Liña                              


En función do réximen aplicable conforme á normativa da Unión Europea:

Para préstamos ou renovacións de ata un máximo de 1,5 millóns de euros nunha ou varias operacións de préstamo a autónomos e empresas, aplicaranse as disposicións específicas do Regulamento (UE) n ° 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, cando sexa aplicable.

Neste caso o principal da operación de préstamo u outras modalidades de financiación según o réximen de minimis aplicable, ata un máximo de 1.500.000€.
 

Para préstamos por encima de 1,5 millóns de euros, ou cando non sexa aplicable o réximen de minimis, ata o máximo establecido no Marco Temporal de Axudas de Estado da Comisión Europea tanto para autónomos e empresas que reúnan a condición de peme como para empresas que no reúnan a condición de peme.

A aplicación do Marco Temporal de Axudas da Unión Europea nestos casos, establece uns límites sobre o principal da operación para aquelas con vencimento posterior a 31.12.2020.  Simplificando serían:

·         Dobre da masa salarial en 2019, (incluindo cotizacións sociais e coste do persoal das subcontratas desempeñadas nas sedes).

·         25% da facturación de 2019

·         Necesidades de liquidez debidamente xustificadas e certificadas para os próximos:

o    PEME 18 meses

o    No PEME 12 meses

·         Excepcións superiores condicionadas debidamente xustificadas.

 

Porcentaxe máximo de cobertura do aval                                                                                            

 

         No caso de autónomos e pemes o aval garantizará o 80% do principal das novas operacións de financiación e das renovacións.

·         Para o resto de empresas, que non teñan a consideración de peme, o aval cubrirá o 70% no caso de novas operacións de préstamo e o 60% para renovacións.

O aval non da cobertura a conceptos distintos ao principal da operación, tales como pago de xuros, comisións ou outros gastos inherentes ás operacións.