4_tcm30-508485.png

BONO SOCIAL ELÉCTRICO PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS

Ampliación do bono social a traballadores autónomos que cesasen a sua actividade ou reduzan a sua facturación como consecuencia do COVID-19

Fonte: Secretaria do Estado de Enerxía

Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer frente ao COVID-19


Orden TED/320/2020, de 3 de abril, por la que se desarrollan determinados aspectos del derecho a percepción del bono social por parte de trabajadores autónomos que hayan cesado su actividad o hayan visto reducida su facturación como consecuencia del COVID-19 y se modifica el modelo de solicitud del bono social para trabajadores autónomos que hayan visto afectada su actividad como consecuencia del COVID-19, establecido en el Anexo IV del Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19.




Destacar desta Orden que, no caso de que haxa solicitudes do bono social amparadas no artígo 28 do RD lei 11/2020 do 31 de marzo que o regula (BOE 1 de abril), que resulten incompletas, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde a sua recepción, o comercializador de referenica dirixirase ao solicitante indicando a documentación acreditativa que debe subsanar. Unha vez reciba toda a documentación completa, o comercializador, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde recepción, e a través da plataforma informática disponible a tal efecto na sede electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, comprobará os datos e comuniará por correo electrónico ao solicitante o resultado da comprobación dos requisitos esixidos para a aplicación do bono social (ap 1 e 2 artígo 28 RD lei 11/2020 do 31 de marzo-BOE 1 abril) e lle comunicará tamén a data a partir da cal procederá a sua aplicación. 


O bono social devindicarase a partir do primer día do ciclo de facturación no que teña lugar a recepción da solicitude completa con toda a documentación acreditativa dos requisitos  esixidos. 


Destacar, así mesmo, que o modelo para a solicitude do bono social para traballadores autónomos que visen afectada a súa actividade pola crisis do covid 19 e cumplan os requisitos do citado artigo, será o recollido no ANEXO IV da presente orden. 
Os comercializadores por tanto deberán adaptar o modelo que poñan a disposición dos solicitantes á entrada en vigor desta orden. Con todo, terase por válidamente presentadas as solicitudes que foran xa tramitadas dacordo co modelo do anexo IV do RD Lei 11/2020 do 31 de marzo, sempre e cando cumplan os requisitos do artigo 28 e sempre que conste autorización expresa polo titular ou, en caso de formar parte dunha unidade familiar, de todos os membros maiores de 14 anos, para a consulta das correspondentes bases de datos da Axencia Estatal da Administración, que conteñan información sobre rentas por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a partir dos datos introducidos pola comercializadora de referencia na aplicación implementada ao efecto na sede electrónica de dito Ministerio, sen prexuizo das melloras que sexan esixibles para acreditar o cumplimento dos requisitos do artigo 28 do Real Decreto que regula o bono social. 





O bono social é un desconto directo na factura eléctrica, dirixido a usuarios en situación de vulnerabilidade.

 

Con carácter excepcional, e durante 6 meses a contar desde o 1 de abril, poderán solicitar o bono social:

 

- Os trabaladores autónomos que cesaran a súa actividade nunha data posterior ao 14 de marzo, cando entró en vigor polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

- Os traballadores autónomos que reduciran a súa facturación do mes anterior ao que se solicita o bono social en, polo menos un 75 por cento en relación co promedio de facturación do semestre anterior.

 

Para poder acceder ao bono social, é preciso que ademáis cumplan con algún dos seguintes criterios:

 

- Que a renta anual do usuario ou a súa unidade familiar non sexa superior a 18.799€, se non hai menores no fogar.

- Que a renta anual da unidade familiar non sexa superior a 22.559€ se hai un menor.

- Que a renta anual da unidade familiar non sexa superior a 26.318€, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.

 

Os criterios de renta para acceder ao bono social calcúlanse empregando o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples. A os efectos do bono social, teñense en conta a última renta anual dispoñible que, nestés momentos, é a de 2018. 

 

¿Qué implica esta medida para os seus potenciais beneficiarios?

 

Estos beneficiarios do bono social serán considerados usuarios en situación vulnerable, que supón un desconto directo nun 25% no recibo da luz.

 

Se terá a condición de vulnerable  en tanto non reanuden a súa actividade laboral, estando obrigado o consumidor a comunicar este feito ao comercializador de referencia. En todo caso,  a axuda prestarase por un periodo máximo de 6 meses desde a publicación da norma no Boletín Oficial do Estado, o 1 de abril. 

 

En calquera momento, anterior ou posterior a ese prazo de seis meses, os usuarios poderán acollerse a outro dos supostos previstos na normativa do bono social e que, no caso de beneficiarios vulnerables severos ou en risco de exclusión social, supón unha reducción dun 40% na factura de electricidade.

 

¿Cómo se aplica o desconto?

 

O bono social devindicarase a partir do primer día do ciclo de facturación no que teña lugar a recepción da solicitude completa coa documentación acreditativa que, no seu caso, sexa necesaria.

 

O desconto aplícase sobre a factura de suministro eléctrico da vivenda habitual. Cando o contrato de suministro esté a nome dunha persoa xurídica e non do autónomo, éste deberá solicitar un cambio na titularidade para que no contrato figure o profesional que cesou a sua actividade ou viu disminuida a sua facturación. 

 

Ademáis, en todos os supostos, é preciso estar adscrito á tarifa de prezo voluntario para pequeno consumidor (PVPC). O cambio de tarifa pódese solicitar no mesmo momento no que se tramita o bono social. 

 

A empresa comercializadora de referencia estará obrigada a indicar ao consumidor, na última factura que emita antes do vencimento do prazo de 6 meses, a data de tal vencimento, informando de que, unha vez superado dito prazo, o consumidor pasará a ser facturado a PVPC pola mesma comercializadora de referencia, e indicando a posibilidade de que o consumidor poida, alternativamente, contratar o seu suministro cun comercializador en mercado libre.

 

¿Cómo se solicita o bono social?

 

Si se atopa nun dos supostos de vulnerabilidade, pode tramitar a súa petición para percibir o bono social. Como requisito inicial, é imprescindible que a tarifa aplicable no seu recibo da luz sexa a de precio voluntario para o pequeno consumidor (PVPC), ainda que tamén poderase tramitar o paso a dita tarifa no momento no que se solicite o bono social á comercializadora de referencia si o consumidor se atopa no mercado libre.

- O PVPC é o contrato eléctrico establecido polo Goberno no que o pagado pola electricidade consumida é directamente o prezo da enerxía que resulta do mercado, máis impostos e peaxes, sen incluir outros produtos ou servizos adicionales. 

- Sólo pode contratarse o PVPC si se ten unha potencia contratada igual ou inferior a 10kW.

- O PVPC contratase coas comercializadoras de referencia: Endesa; Iberdrola; Naturgy, EDP, Repsol, CHC Comercializador de Referencia S.L.U., Teramelcor, S.L. (só en Melilla), Energía Ceuta XXI Comercializador de Referencia, S.A. (só en Ceuta).

As comercializadoras de referencia contan cun teléfono e un correo electrónico para cursar as solicitudes de bono social eléctrico. Máis información, neste enlace




 

¿Qué documentación necesita?

A tramitación do bono social realizarase a través das Comercializadoras de Referencia.

 

Será necesario que o consumidor remita ao comercializador de referencia, a través da dirección de correo electrónico que apareza na súa páxina web, este modelo de solicitude.

 

Ademáis, debería incluir esta documentación acreditativa: 

–   Copia do NIF ou NIE do titular do punto de suministro e, no caso de que forme parte dunha unidade familiar.

– Copia do NIF ou NIE de cada un dos membros para os que dito documento sexa obrigatorio. 

– Certificado de empadroamento en vigor, individual ou conxunto, do titular de punto de suministro ou de todos os membros da unidade familiar.

– Libro de familia, no caso de que exista unidade familiar. 

– Acreditación de cumplir coa condición de cese de actividade e reducción do 75% na facturación. 

Cando o traballador autónomo se atope no suposto de cese de actividade, a acreditación realizarase mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma, no seu caso, sobre a base da declaración de cese de actividade declarada polo interesado.

Para aqueles traballadores autónomos que non estén obrigados a levar os libros que acreditan o volumen de actividade, deberán acreditar a reducción a lo menos do 75% esixida por calquer medio de proba admitido en dereito.

– A comercializadora de referencia remitirá ao titular do punto de suministro un correo electrónico de confirmación de recepción da solicitude. 

 

¿Dónde podo atopar máis información?

Toda a información estará dispoñible na páxina web bonosocial.gob.es 

Así mesmo, existe un teléfono e un correo electrónico de información: o 913 146 673, con horario de atención ao público de 9 a 14, de luns a venres; e  ciudadano@idae.es.

 

Esta medida foi recollida no Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer frente ao COVID-19.






Documento adxunto: modelo de solicitude bono social autónomo

Documentos relacionados