Subvencións a innnovación, a dixitalizacion e implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal
CO300C
ORDE do 30
de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a
innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de
comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0004_gl.pdf
Actuacións subvencionables . 1. Dixitalización comercial: Para comerciantes retallistas e titulares de
obradoiros artesáns. a) A implantación e actualización de páxinas web
comerciais coas seguintes características técnicas: – Ter o protocolo de transferencia de datos
https. – Estar optimizada para SEO. – Ter acceso á internet a través dun hosting con
acceso do propietario da web ao código e claves da web. – Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles. – Dispor de fotos de calidade profesional cun
peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp. – Dispor de páxina de política de privacidade de
acordo coa lexislación vixente, links ás redes sociais da empresa. – Ter instalado e configurado Google Analytics. No caso de web con acceso tenda en liña, ademais
dos previstos anteriormente para a páxina web, deberá: – Estar sincronizada co sistema de xestión do
establecemento comercial. – Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo
do 30 % das referencias de que se dispón na tenda física. – Ter pasarela de pagamento. b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0:
instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e
na predición de padróns de consumo, publicidade en medios dixitais e
ferramentas de realidade aumentada, que ofrezan experiencias reais e
interactivas ao consumidor, como produtos 3D ou probadores virtuais e
chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra. c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos
audiovisuais de promoción do produto. d) Servizos profesionais de xestión de redes
sociais (community manager) cun máximo de 11 meses. e) Implantación de ferramentas de xestión:
sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais
e software adecuados ás necesidades da empresa. A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no
suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos seguintes investimentos
máximos subvencionables: – Para a implantación de páxinas web con venda en
liña é de 4.000,00 € (IVE excluído). – Para a implantación de páxina web é de 1.000,00
€ (IVE excluído). – Para a actualización de páxina web é de 800,00
€ (IVE excluído). Non será compatible a solicitude de actuacións de
implantación de páxinas web coas de mellora. – Para a introdución de ferramentas de márketing
4.0 é de 6.000,00 € (IVE excluído) e establecése o límite para actuacións en
publicidade en medios dixitais de 2.000,00 € (IVE excluído). – Para a mellora de imaxe comercial dixital é de
6.000 € (IVE excluído). – Para os servizos profesionais de xestión de
redes sociais (community manager) é de 9.900,00 € (IVE excluído), a razón de
900,00 € por mes. – Para a implantación de ferramentas de xestión é
de 3.000,00 € (IVE excluído). O investimento máximo subvencionable para o
conxunto das actuacións de dixitalización é de 28.900 euros (IVE excluído). 2. Proxectos de modernización integral do local
comercial incluídas nun proxecto de decoración e interiorismo. Só para comerciantes retallistas. En concreto, considéranse gastos subvencionables: a) As obras de reforma e acondicionamento
integral da superficie de exposición e venda do local comercial. b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da
imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición
do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial
e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda. c) Actuacións de mellora da fachada exterior do
local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares. d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres
establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a
imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial. e) Os custos polos servizos profesionais de
elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración. Para as actuacións previstas nas letras a), b),
c) e d), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE
excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por cada
establecemento comercial. No caso das actuacións previstas na letra e) o
investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído), por
establecemento comercial. A porcentaxe de subvención será o 50 % do
investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que
será do 70 %. 3. Proxectos de expansión comercial. Só para comerciantes retallistas. Para os efectos desta orde, considéranse
proxectos de expansión comercial a apertura dun novo establecemento
comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na
especialización ou diversificación de produtos, na especialización de
servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de
consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e
interiorismo. O proxecto de expansión comercial deberá incluír
un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/unha
traballador/a, por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados
a partir da data límite de xustificación da subvención prevista no artigo 19. En concreto, considéranse gastos subvencionables
nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo
establecemento comercial as actuacións previstas no punto 2, letras a), b),
c) e e). Para as actuacións previstas nas letras a), b), e
c), o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e
o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por establecemento
comercial. No caso das actuacións previstas na letra e), o investimento
máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído) por establecemento
comercial. A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento
máximo subvencionable, agás no suposto da letra e), que será do 70 %. 4. Participación ou posta en marcha de proxectos
de tendas efémeras ou eventos pop up. Para comerciantes retallistas e titulares de
obradoiros artesáns. 4.1. Para os efectos desta orde, considérase
posta en marcha de proxectos de tendas efémeras pop up a apertura, por un
prazo máximo de dous (2) meses, dun espazo comercial que terá por obxecto
analizar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet
ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda
de saldos. En concreto, considéranse gastos subvencionables: a) O alugamento do local, espazo ou contedor da
tenda efémera (máximo dúas mensualidades). b) O acondicionamento da superficie de exposición
e venda. c) A adquisición ou alugamento de moblaxe ou
equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario
para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na
superficie de exposición e venda. d) O transporte de mercadoría. e) Publicidade e promoción da tenda efémera pop
up. Para o conxunto destas actuacións, o investimento
máximo subvencionable será de 8.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 70 % do
investimento máximo subvencionable. A subvención máxima polo alugamento
do local será de 1.500,00 euros; polo transporte de mercadoría, de 500,00
euros e pola publicidade e promoción, de 1.000 euros. 4.2. Participación en proxectos de tendas
efémeras ou eventos pop up. Considéranse subvencionable, ata un máximo de
tres, a participación en proxectos de tendas efémeras pop up, onde o
beneficiario non participe na organización e xestión do evento. Para o conxunto desta actuación, o investimento
máximo subvencionable será de 2.100 €, a razón de 700,00 euros de
investimento máximo subvencionable por cada proxecto ou evento, ata un máximo
de tres. A porcentaxe de subvención será o 70 % do
investimento máximo subvencionable. En concreto, considéranse gastos subvencionables: Son gastos subvencionables os que ocasione o
alugamento do espazo expositivo que se contrata, os seguros e aqueles
servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados pola organización do
evento. O importe máximo de subvención, para o conxunto
de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 8.000,00 euros,
IVE excluído. 5. Proxectos de posta en marcha de concept
stores. Para comerciantes retallistas e titulares de
obradoiros artesáns. Para os efectos desta orde, considéranse concept
stores os establecementos comerciais cunha oferta diversificada de produtos,
xeradora de sinerxías, que supoña un valor engadido na oferta e sexa
atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e
diferenciadora. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e
interiorismo. O concept store poderá unir unha ou varias
persoas comerciantes e/ou artesás nun espazo compartido con diferentes
propostas innovadoras, xa sexan comerciais, culturais, artísticas, de deseño
ou gastronómicas, creando unha experiencia única de compra. Considéranse gastos subvencionables as actuacións
previstas no punto 2, letras a), b), c) e e). Para as actuacións previstas nas letras a), b) e
c), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e
o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuación
previstas na letra e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00
€ (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 70 % do
investimento máximo subvencionable. Non será compatible a solicitude de proxectos de
posta en marcha de concept store con actuacións de modernización comercial
para o mesmo establecemento comercial. 6. A adquisición de equipamentos propios da
actividade comercial e artesanal: Para comerciantes retallistas e titulares de
obradoiros artesáns. Considéranse actuacións subvencionables a
adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade
comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en
concreto de: Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar,
de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade
comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento
auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa
actividade comercial ou artesanal e que melloren o deseño e a calidade do
produto final. Para o conxunto destas actuacións, o investimento
máximo subvencionable será de 10.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de
subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable. 7. Non se consideran
gastos subvencionables: a) As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras
dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda. b) Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás
no previsto na letra 4.a). c) Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro
tributo ou imposto. d) A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles
da venda posterior. e) A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares. f) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores,
reprodutores de son e imaxe e tpv. g) Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía
e internet. h) Adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de
artesáns, e a adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos
profesionais. i) A adquisición de materia prima da actividade artesanal. j) Investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal.
Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación
subvencionable, e/ou directamente relacionadas coa cualificación dos
obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos
indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os
impostos persoais sobre a renda. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá
ser superior ao valor de mercado. |